Os comerciantes ambulantes que desexen conservar os seus postos na feira deben comunicalo ao Concello
En virtude do novo regulamento municipal. O prazo rematará o 20 de outubro. O Concello, que xa informou desta circunstancia a todos os vendedores que asistiron á última feira de Paiosaco, porá a súa disposición unha oficina asistencial.

