Os voluntarios de Protección Civil da Laracha recibiron formación práctica para situacións de emerxencia
Centrada no emprego da motobomba,extinción de incendios forestais e retirada de árbores sobre a rede viaria. O obxectivo foi mellorar os seus coñecementos e capacidades para enfrontarse a circunstancias de risco.

