A nova área de recreo canino creada polo Concello xa está aberta para o seu uso
Foi habilitada na parcela de titularidade municipal situada na confluencia das avenidas Manuel Fraga e Bos Aires. O Concello investiu 35.000 euros neste novo equipamento público pensando para facilitar o exercicio e as interaccións sociais dos cans.

