A Policía Local da Laracha incorporou un novo vehículo á súa frota
Trátase dun Toyota RAV4 híbrido adquirido en propiedade coa colaboración económica da Xunta de Galicia. Nos próximos días o corpo municipal de seguridade contará con outro automóbil de similares características mediante o sistema renting.

