O Concello organiza un novo programa de andainas por entornos fluviais dirixidas a maiores de 55 anos
Outono Activo constará de tres percorridos xunto aos ríos Bradoso, Acheiro e Anllóns. A inscrición, gratuíta, xa está aberta.
Outono Activo constará de tres percorridos xunto aos ríos Bradoso, Acheiro e Anllóns. A inscrición, gratuíta, xa está aberta.
Ao longo de seis quilómetros entre O Cancelo e o límite co municipio de Carballo. O Concello pon en valor este espazo fluvial que destaca pola beleza paisaxística e riqueza medioambiental.
O orzamento definitivo pechouse en preto de 13 millóns de euros, cun incremento do 56 % con respecto ás previsións iniciais. Tamén se acordou a modificación da ordenanza do Programa Harmoniza: Conciliando na Laracha para incrementar o horario nas vacacións e aumentar as prazas no CEIP Otero Pedrayo.
Están convidados a participar todos os locais de hostalería do termo municipal. Haberá dous premios de mil euros para os locais mellor valorados polos xurados experto e popular, así como sorteo de agasallos entre os clientes.
Serán adquiridos 230 composteiros e kits de compostaxe por un importe de 35.000 euros. As persoas interesadas xa poden reservar o seu composteiro e terán á súa disposición atención personalizada para a implantación e seguimento.
Realizarase do 17 ao 21 de outubro. A inscrición debe formalizarse o venres e o luns no departamento de Servizos Sociais. Visitarán Alfaro, Bardenas Reales, Tudela, Pamplona, o Castelo de Olite, Logroño e unha bodega de Laguardia.
O alcalde e a concelleira de Servizos Sociais visitáronas xunto aos profesionais do programa. O Concello conta coa colaboración económica da Consellería de Política Social para o financiamento.
Mantéñense as propostas que tiveron boa acollida en anos anteriores e incorpóranse novas disciplinas para atraer a todos os grupos de idade. O prazo de inscrición abrirase o luns 3 de outubro. O Concello habilitará unha web propia na que os usuarios poderán anotarse en liña.
Composta por cadros de Isabell Soutullo, Josecho González e Maribel Castiñeira ‘XMÑ’. A mostra inaugurarase o venres e poderase visitar ata o 28 de outubro.
A novidosa iniciativa pretende mellorar as habilidades de lectura dos asistentes. Tamén haberá cinco sesións de contacontos teatralizados nas tres bibliotecas municipais.
A iniciativa vai dirixida á recuperación e valorización dos residuos plásticos. Os tres núcleos urbanos contarán con contedores brancos para que a cidadanía poida depositar os envases.
Repartiranse premios por valor de mil euros ás imaxes que obteñan máis “me gusta” na páxina de Facebook do Concello. As imaxes deben remitirse cubrindo o formulario na web ou ben presencialmente como data límite o 6 de outubro.