A Laracha, na cabeza dos concellos de Bergantiños con maior taxa de doazón de sangue
A unidade móbil de ADOS estará na Praza do Concello o martes e o mércores (9 e 10 de xullo) en horario de 10:00 a 14:00 pola mañá e de 16:00 a 21:00 horas pola tarde. Os únicos requisitos para doar son ter entre 18 e 65 anos, pesar máis de 50 quilos, ter unha saúde normal e superar as probas de tensión e niveis de hemoglobina que se fan na propia unidade móbil.