Entregados os premios dos concursos de postais e contos de Nadal
Por parte do alcalde, José Manuel López Varela, e da concelleira de Ensino, Patricia Bello. O acto celebrouse este mediodía na Casa da Cultura.
Por parte do alcalde, José Manuel López Varela, e da concelleira de Ensino, Patricia Bello. O acto celebrouse este mediodía na Casa da Cultura.
O incremento é do 14,30 % con respecto ao exercicio anterior. José Manuel López Varela destacou que as contas son reais, prudentes e cautelosas, salientando a baixa presión fiscal, o esforzo investidor, a cobertura en servizos e o plan para reactivar o comercio local que se levará a cabo no próximo ano.
A dirección web é ovtlaracha.dacoruna.gal, tamén con acceso directo na sede electrónica municipal. Pódense autoliquidar taxas e impostos, así como realizar simulacións sobre o importe do ICIO.
Asistirán en horario lectivo preto de 800 alumnos dos colexios do municipio. Ao remate de cada función Papá Noel fai acto de presenza na Casa da Cultura.
Foi izada hoxe polo alcalde, José Manuel López Varela, e o director do Instituto de Estudos do Territorio, Enrique Salvador. A Laracha recibiu por primeira vez este recoñecemento da Xunta que avala as políticas municipais sobre a protección da paisaxe e do medio ambiente.
Dirixido á inclusión social e cultural das persoas inmigrantes. Actualmente son 15 as persoas asistentes, naturais de Marrocos, Paquistán, Ucraína, Colombia e Portugal.
Os dez alumnos da especialidade de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes comezaron a executar os labores previstos sobre o terreo. A parte teórica estase a desenvolver integramente no municipio de Arteixo.
As contas foron sometidas hoxe a ditame da Comisión Informativa e serán elevadas ao Pleno extraordinario do vindeiro xoves. 1,6 millóns de euros destinaranse á mellora das infraestruturas e unha das novidades será o desenvolvemento dun programa de bonos para reactivar o comercio local.
A proba foi presentada hoxe por representantes municipais e os deseñadores do percorrido. A inscrición xa está aberta nas tres modalidades.
O xurado valorou hoxe todos os traballos presentados polos alumnos dos tres colexios do municipio. A entrega dos premios será o venres 23 de decembro na Casa da Cultura.
Composta por acuarelas mariñas do ceense Xosé Iglesias. A inauguración será mañá venres ás 19:00 horas no centro sociocomunitario.
As gratificacións económicas alcanzan os 1.500 euros. A imaxe que obtivo o primeiro premio na modalidade “Xeral” será empregada na felicitación de Nadal institucional do Concello da Laracha.