Aprobada polo Pleno a Conta Xeral do exercicio 2021
O orzamento definitivo pechouse en preto de 13 millóns de euros, cun incremento do 56 % con respecto ás previsións iniciais. Tamén se acordou a modificación da ordenanza do Programa Harmoniza: Conciliando na Laracha para incrementar o horario nas vacacións e aumentar as prazas no CEIP Otero Pedrayo.

