O goberno local propón establecer o máximo tipo de gravame por ICIO a proxectos de produción de enerxía superiores a 100 kW
Implica a modificación da ordenanza fiscal número 17 que será elevada ao Pleno do próximo venres. Pola contra, contempla bonificacións para actuacións en explotacións gandeiras, obras en núcleo rural e inmobles incluídos nalgún catálogo de protección patrimonial.

