O Concello renovará a Casa Consistorial cun proxecto baseado na estética, a funcionalidade e a sustentabilidade
O edificio será modernizado cunha mellor integración no entorno no que se sitúa, aproveitamento dos espazos e maior eficiencia enerxética. En próximas datas convocarase un concurso de ideas para o proxecto e impulsarase un proceso participativo para recoller achegas da cidadanía.

