O Concello paraliza a obra de instalación dunha antena de telefonía móbil na parcela contigua ao CEIP Otero Pedrayo
O pasado día 13 trasladárase á promotora o requirimento de documentación xustificativa segundo informe técnico ao detectarse deficiencias no proxecto. O alcalde e a concelleira de Educación informaron á comunidade educativa do colexio e o Consello Escolar mostrou a súa oposición ao proxecto.

