A nova edición do programa ‘A Laracha Acolle’ xa está en marcha
Dirixido á poboación inmigrante do termo municipal, e prioritariamente ao colectivo das mulleres. As dúas liñas de actuación son o taller de alfabetización nas linguas oficiais de Galicia e o espazo de participación cultural ‘Exprésa-T’.