José Manuel López Varela, investido alcalde do Concello da Laracha
O rexedor foi elixido por 12 dos 17 concelleiros que hoxe tomaron posesión das súas actas na sesión constitutiva da Corporación. Afirmou que “volvo asumir con máxima ilusión e orgullo todos os retos cunha única promesa: seguir dando o mellor de min para continuar construíndo entre todos o mellor futuro para A Laracha”.

