O “Obradoiro de emprego A Laracha V” formará a 20 alumnos traballadores durante os próximos nove meses
O proxecto ten un orzamento total de 863.000 euros. As actuacións que teñen encomendadas na especialidade de carpintería de madeira son a renovación do paseo fluvial do río Anllóns e a mellora da carpintería do complexo deportivo da piscina municipal da Laracha. A especialidade de pintura industrial actuará na Casa do Concello, no edificio administrativo, na Casa da Cultura, no centro sociocultural de Paiosaco, nas pistas polideportivas de Cabovilaño e de Cumiáns (Montemaior) e na mellora dos báculos da iluminación pública nas rúas do municipio.