O Concello completa a expropiación dos terreos afectados pola ampliación da estrada entre Santa Margarida e a DP-2404
Investíronse 62.600 euros na compra das 65 parcelas necesarias para mellorar a vía que tamén discorre por A Baiuca, Goexe, O Sopé e Propeste. Paralelamente iniciáronse os trámites administrativos para a inminente licitación do proxecto.

