A Xunta volve premiar as boas prácticas ambientais do Concello outorgando o distintivo Bandeira Verde de Galicia por terceiro ano consecutivo
A Laracha destácase como un dos municipios galegos máis dinámicos co coidado da paisaxe e do patrimonio natural. O recoñecemento avala as políticas municipais nesa materia e é un aliciente para continuar realizando accións desas características.

