O libro “As telleiras da Laracha e os cabaqueiros do Baixo Miño” presentarase o 28 de setembro
O acto será aberto a todos os público e celebrarase na área verde do parque empresarial, xunto ás antigas telleiras do Cancelo. Acudirá unha delegación dos concellos do Rosal e da Guarda, encabezada polos seus rexedores, como testemuña da importancia para as telleiras larachesas dos traballadores deses municipios pontevedreses.

