A Obra Social “la Caixa” achega 5.000 euros para o desenvolvemento de actividades de inclusión social
O alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, e o director da oficina de “la Caixa” da Laracha, Rubén Javier Soto Varela, asinaron o convenio . Tamén participaron no acto a edil responsable de servizos sociais, Rocío López, e a subdirectora da oficina de “la Caixa” da Laracha, Yolanda González.

