16 empresas concorren ao procedemento de contratación do proxecto de mellora de estradas en Lestón, Torás e Golmar
A actuación está valorada en preto de 100.000 euros e será cofinanciada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), dependente da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, ao abeiro do plan de mellora de camiños rurais.

