As escolas municipais de fútbol sala e a agrupación deportiva Un Paso Máis mantiveron un encontro na Laracha
A iniciativa tivo unha dobre finalidade para os rapaces: divertirse practicando esta modalidade deportiva e manter un contacto con nenos da súa mesma idade para favorecer as relacións sociais entre eles e coñecer o importarte labor que desenvolve Un Paso Máis.

