AFABER informará sobre o alzheimer no centro médico da Laracha o martes 19 de setembro
En horario de 10:30 a 13:00 horas unha mesa informativa de AFABER estará situada na recepción do centro médico da Laracha. O persoal de entidade repartirá trípticos e atenderá consultas e dúbidas da poboación larachesa sobre o alzheimer e outras demencias.