A Laracha acollerá un obradoiro para coidadoras de persoas dependentes
A formación comeza o 10 de outubro. Cada xoves haberá sesións de dúas horas de duración cada unha (10:30 a 12:30 horas) ata o día 12 de decembro. A inscrición, que é gratuíta, debe formalizarse no departamento de Servizos Sociais (edificio administrativo). A data límite é o 7 de outubro.

