O Museo dos Muíños de Golmar está aberto ao público de luns a venres en horario de mañá
En horario de 11:00 a 15:00 horas. A entrada é gratuíta.
En horario de 11:00 a 15:00 horas. A entrada é gratuíta.
Despois de completarse as actuacións desde a Avenida Doutor López Astray ata a ponte dos Muíños, xa na parroquia de Coiro, os operarios centran o seu labor no tramo da CP-1913 que vai desde a Praza do Concello ata a estrada de Lendo.
pretende renovar a área de descanso situada xunto á praia e o paseo marítimo de Caión, un ámbito de alto valor ecolóxico que sería destacado con elementos delimitadores acordes ao lugar no que se sitúa e dotado con mobiliario de madeira e paneis informativos sobre a fauna e a flora do entorno.
A iniciativa consiste nunha viaxe en autobús, que partirá desde A Laracha e percorrerá localidades como Bilbao, Laredo, Santillana del Mar, Potes, Comillas, Santander e Castro Urdiales, entre outros lugares.
Todos os veciños empadroados no Concello da Laracha que realicen este curso poderán favorecerse dunha bonificación na cota de inscrición.
Nunha primeira fase serán instalados tres colectores no casco urbano da Laracha (rúa Arxentina, Avenida Fisterra xunto ao edificio de usos administrativos e rúa Rosalía de Castro fronte ao complexo da piscina municipal da Laracha), dous Paiosaco (no campo da feira e na rúa Porta Santa, xunto ao centro sociocultural) e un en Caión (A Ínsua).
Así foi acordado pola Xunta de Goberno Local co propósito de captar fondos para mellorar infraestruturas públicas municipais, contratar persoal e cofinanciar a prestación dos servizos sociais comunitarios.
A finalidade é reforzar a información que se ofrece nestas vías e facilitar a súa percepción por parte dos condutores e dos peóns, xa que os ámbitos principais das actuacións sitúanse en zonas residenciais.
O funcionamento do tratamento Forsu require da separación previa da materia orgánica nos fogares particulares e, por tanto, da implantación por parte da administración local dun quinto colector de recollida selectiva.
Por cuestións de prazos, a selección dos auxiliares de Policía Local –que se contratarán por un período de seis meses- será realizada polo Concello da Laracha seguindo o procedemento habitual de anteriores exercicios.
No marco do proxecto Empredurismo Social: Innovación & Desarrollo que se está a desenvolver na localidade rusa de Vladimir, os representantes do Concello da Laracha (o alcalde, José Manuel López Varela, e os edís Jesús Souto e Rocío López) mantiveron unha reunión con Grigory Petushkov, o presidente do Consello Nacional da Xuventude de Rusia.
O Concello da Laracha lidera este proxecto co propósito principal de captar ideas, coñecer diferentes políticas e iniciativas xuvenís que se desenvolven en diferentes países europeos e establecer relacións cos socios participantes.