74 alumnos de segundo de primaria do CEIP Otero Pedrayo visitaron o Concello
A actividade que se realizou hoxe tivo por finalidade que os alumnos puidesen coñecer como é o traballo dos profesionais que desempeñan o seu labor diario no Concello da Laracha e que coñecesen a Casa Consitorial, á que o alcalde lles convidou “a volver cando queirades porque esta é a casa de todos”.