Os Concellos da Laracha e de Arteixo volverán organizar un novo obradoiro de emprego
Incorpora como novidade incentivos económicos para a contratación dos alumnos-traballadores por parte das empresas unha vez remate o seu período formativo. Deste xeito favorecerase o propósito final, que é a integración dos participantes ao mercado laboral no sector privado.