Rematou o prazo de solicitude das axudas municipais ao fomento do emprego con 211 presentadas por empresas e autónomos
Nos próximos días os técnicos do Concello revisarán todas as solicitudes para comprobar que cumpren os criterios establecidos nas bases da convocatoria como paso previo á concesión das subvencións.

