O Concello organiza unha excursión con ruta enolóxica por Valença do Minho e Baiona
Realizarase o 28 de abril e vai dirixida a persoas maiores de 55 anos, xubiladas e pensionistas. O prezo é de 49 euros por persoa e inclúe viaxe, visitas e xantar. A preinscrición debe realizarse do luns ao mércores da próxima semana.

