A Laracha anima á veciñanza a ‘Coñecer o teu Concello’ cun programa de tres andainas
Os domingos 29 de abril, 13 de maio e 10 de xuño. A inscrición é gratuíta e debe formalizarse no Concello.
Os domingos 29 de abril, 13 de maio e 10 de xuño. A inscrición é gratuíta e debe formalizarse no Concello.
O obxectivo esencial é dinamizar o tecido comercial e hostaleiro do municipio, ademais de poñer e valor os produtos locais e o sector da restauración.
Nesta completa programación municipal inclúense propostas para case todos os días laborables, salientando a presenza dos tradicionais concursos, obradoiros infantís, espectáculos teatrais, sesións de cine, contacontos e a cabalgata dos Reis Magos.
Os prazos de inscrición abriranse nos próximos días.
A inscrición é gratuíta para todos os públicos (a excepción do xantar opcional). No caso dos nenos, deben ir necesariamente acompañados dun adulto. Os únicos requisitos para poder participar son utilizar unha vestimenta e calzado axeitado e dispoñer dunha navalla e un recipiente axeitado para a recollida das setas.
A iniciativa ten por finalidade ofrecer unha alternativa divertida e educativa aos nenos ao mesmo tempo que favorecerá a conciliación persoal, laboral e familiar dos seus pais, xa que as actividades se desenvolverán de 17:30 a 18:30 horas.
Son obxectivos esenciais deste programa o aproveitamento do tempo libre dos veciños, facilitar a práctica de actividades deportivas entre os adultos e os rapaces, favorecer a conciliación da vida persoal e laboral das familias con nenos ao seu cargo e aprender novos coñecementos útiles para a vida diaria.
Participan trece establecementos (tres máis que no primeiro concurso), que en todos os casos deberán elaborar as súas tapas con froitas, verduras e legumes e ofrecelas ao público ao prezo de 1 euro o venres (de 19:00 a 22:00 h), sábado (11:30 a 15:00 e 19:00 a 22:00 h) e domingo (11:30 a 15:00 h).
O evento desenvolverase o domingo 13 de agosto na explanada fronte ao IES Agra de Leborís e a biblioteca municipal da Laracha. Ás 21:30 horas comezarán os concertos de Ambigüo, Malavida e 12 Labirinto. A partir das 23:00 horas Talesien presentará o seu último traballo discográfico, que é o cuarto e que leva o mesmo nome que a banda.
A primeira quenda dos campamentos de verán que, como cada ano, organiza o Concello da Laracha, estase a desenvolver desde o luns e rematará o venres, sendo a praia de Caión o escenario da maioría das actividades que se están a levar cabo cos cincuenta nenos participantes, todos eles de idades comprendidas entre os oito e os once anos.
O Concello da Laracha presenta o completo programa municipal de actividades de verán que se desenvolverá durante os meses de xullo e de agosto e que inclúe un total de dezasete propostas culturais, deportivas e de ocio. Como cada verán o Concello dará continuidade ás actividades mellor valoradas polo público en anteriores edicións en base ás cifras de participación rexistradas nos cursos pasados e á aceptación que tiveron pola veciñanza en xeral, adamais de incorporar novas iniciativas.
O Concello da Laracha presenta o programa municipal co que se festexan conxuntamente o Día das Letras Galegas e tamén o San Isidro Labrador, a data na que se rende homenaxe aos moitos veciños que dedicaron parte da súa vida á agricultura e á gandería, sectores de destacada importancia histórica e tamén actual na Laracha. Como en anteriores edicións neste ano a proposta centrarase en actividades ludorecreativas para os nenos, espectáculo folclórico, eventos sociais e tamén en resaltar a figura do autor Carlos Casares.