Adxudicados os proxectos de mellora da seguridade viaria nos tramos urbanos da AC-552
Afectan ás Avenidas Fisterra da Laracha e Bergantiños de Paiosaco. Ambas actuacións foron adxudicas a SYR-AMG e están valoradas en total en 160.000 euros.
Afectan ás Avenidas Fisterra da Laracha e Bergantiños de Paiosaco. Ambas actuacións foron adxudicas a SYR-AMG e están valoradas en total en 160.000 euros.
Na reunión da Mesa de Contratación tamén se procedeu á apertura dos sobres coas quince ofertas económicas presentadas polas empresas que aspiran á adxudicación do contrato de mellora da rede viaria nas parroquias de Erboedo, Torás, Lemaio e Vilaño.
As obras previstas comezarán a executarse este luns e desenvolveranse durante o verán co obxectivo de non interferir na actividade que se realiza nestas instalacións deportivas na época das competicións.
Ademais de cumprir cos requisitos de calidade na prestación de todos os servizos, o Centro Especial de Empleo Aspaber tamén realiza un destacado labor social en beneficio da inserción laboral e a normalización social de persoas con discapacidade intelectual.
O proxecto contempla a creación dun edificio de planta baixa e de máis de cincocentos metros cadrados de superficie no que serán habilitados catro despachos e catro naves industriais con accesos independentes.
Os traballos deseñados afectarán aos cascos urbanos da Laracha, Paiosaco e Caión, así como a vías rurais das parroquias de Cabovilaño, Soandres e Montemaior.
O Boletín Oficial da Provincial (BOP) da Coruña publica hoxe o anuncio do Concello da Laracha para a contratación dos traballos de roza mecanizada e manual na rede viaria e nas parcelas de titularidade municipal. A partir de mañá as empresas interesadas en formar parte do procedemento terán un prazo de quince días natural para presentar as súas propostas (ata o mércores 17 de maio).
Na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local celebrada hoxe, o Concello da Laracha acordou presentar, conxuntamente con Arteixo, un novo proxecto á Consellería de Economía, Emprego e Industria ao abeiro da convocatoria das axudas e subvencións para os obradoiros de emprego dentro dos programas mixtos de emprego e formación da Comunidade Autónoma de Galicia.
A Mesa de Contratación do Concello da Laracha reuniuse este mediodía co propósito de valorar e clasificar as once ofertas presentadas no procedemento aberto referido ao contrato para prestar o servizo de asesoramento xurídico do Centro de Información ás Mulleres (CIM).