A asociación Adro de Vilaño presenta ao alcalde os eventos que organizarán neste ano
A 7ª Carreira do Apóstolo será o 13 de xullo, e tamén realizarán o Vilaño Fest, o programa das festas patronais e o Ultra Tomando 2.0. José Manuel López Varela trasladoulle a plena disposición do Concello para colaborar coa entidade.

