Agustín Jiménez, Marcos Pereiro, Cándido Pazó e Manuel Manquiña, no 6º Festival do Humor da Laracha
As entradas están á venda no Concello da Laracha ao prezo de cinco euros por cada espectáculo.
As entradas están á venda no Concello da Laracha ao prezo de cinco euros por cada espectáculo.
O obxectivo esencial é dinamizar o tecido comercial e hostaleiro do municipio, ademais de poñer e valor os produtos locais e o sector da restauración.
Nesta completa programación municipal inclúense propostas para case todos os días laborables, salientando a presenza dos tradicionais concursos, obradoiros infantís, espectáculos teatrais, sesións de cine, contacontos e a cabalgata dos Reis Magos.
Os prazos de inscrición abriranse nos próximos días.
O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) da Costa da Morte escolleu o museo do Arquivo da Pesca de Caión para levar a cabo ao longo desta mañá o seminario técnico de museos de temática mariñeira, unha iniciativa dirixida a poñer en valor a Ruta dos Faros e, tamén, a marca turística MarGalaica.
A comedia terá unha especial relevancia neste programa, aínda que tamén haberá espazo para a concienciación social cunha obra que se incluirá no marco do programa municipal de actividades en torno á conmemoración do Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres que se celebra o 25 de novembro.
A inscrición é gratuíta para todos os públicos (a excepción do xantar opcional). No caso dos nenos, deben ir necesariamente acompañados dun adulto. Os únicos requisitos para poder participar son utilizar unha vestimenta e calzado axeitado e dispoñer dunha navalla e un recipiente axeitado para a recollida das setas.
A iniciativa ten por finalidade ofrecer unha alternativa divertida e educativa aos nenos ao mesmo tempo que favorecerá a conciliación persoal, laboral e familiar dos seus pais, xa que as actividades se desenvolverán de 17:30 a 18:30 horas.
Cumprindo cos trámites administrativos previos á celebración do evento, celebrouse unha reunión da Mesa Local de Comercio na que estiveron representados o Concello da Laracha –nas figuras dos edís José Ramón Martínez Barbeito e Rocío López-, a Xunta de Galicia –en Alberto Vázquez Sanmartín-, ACSIL –na súa presidenta, Concha Iglesias- e a Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios –Rosa Otero é a súa presidenta-.
O Concello da Laracha e a música tradicional galega da Asociación Cultural Queiroga de Paiosaco deixaron pegada no VI International Folklore Festival and the Harvest Festival of Oleśnica’s community, a sexta edición do festival folclórico que se desenvolveu durante a pasada fin de semana no municipio de Oleśnica, no sur de Polonia. Ademais do país anfitrión e de España, formaron parte do cartel entidades de Italia, Hungría e República Checa.
O evento desenvolverase o domingo 13 de agosto na explanada fronte ao IES Agra de Leborís e a biblioteca municipal da Laracha. Ás 21:30 horas comezarán os concertos de Ambigüo, Malavida e 12 Labirinto. A partir das 23:00 horas Talesien presentará o seu último traballo discográfico, que é o cuarto e que leva o mesmo nome que a banda.
O Concello da Laracha presenta o completo programa municipal de actividades de verán que se desenvolverá durante os meses de xullo e de agosto e que inclúe un total de dezasete propostas culturais, deportivas e de ocio. Como cada verán o Concello dará continuidade ás actividades mellor valoradas polo público en anteriores edicións en base ás cifras de participación rexistradas nos cursos pasados e á aceptación que tiveron pola veciñanza en xeral, adamais de incorporar novas iniciativas.