A segunda edición da Feira de Horticultura da Laracha celebrarase o sábado 12 de agosto
O evento foi presentado no Concello nun acto presidido polo alcalde, José Manuel López Varela, e no que estiveron presentes representantes das asociacións de produtores e tamén dos locais de hostalería que participarán no II Concurso A Laracha de tapas, que se celebrará ao longo desa fin de semana.