A Laracha de Tapas volve nesta fin de semana coa quinta edición do certame
Participarán doce locais da capital municipal da Laracha e as elaboracións poderanse degustar ao prezo de 1,50 euros. Os establecementos optarán a 750 euros en premios que outorgarán o xurado profesional e o popular.