• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

Últimas novas sobre o Concello da Laracha

  • Comezan os programas de voluntariado promovidos polo Concello e a Agrupación de Protección Civil

    O alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, e o tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, reuníronse hoxe no Salón de Plenos cos mozos que forman parte do programa de Voluntariado Xuvenil que xa está en marcha. A iniciativa está impulsada pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia e, no caso da Laracha, promovida polo propio Concello e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

  • 16 mozos participarán nos programas de voluntariado promovidos polo Concello e a Agrupación de Protección Civil

    O Concello da Laracha e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Laracha participan no programa de Voluntariado Xuvenil que impulsa a Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. A iniciativa vai dirixida a mozos de idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos, sendo dezaseis a cifra total de participantes, oito en cada unha das accións que se levarán a cabo.

  • Dezasete propostas culturais, deportivas e de ocio forman o programa municipal de actividades de verán

    O Concello da Laracha presenta o completo programa municipal de actividades de verán que se desenvolverá durante os meses de xullo e de agosto e que inclúe un total de dezasete propostas culturais, deportivas e de ocio. Como cada verán o Concello dará continuidade ás actividades mellor valoradas polo público en anteriores edicións en base ás cifras de participación rexistradas nos cursos pasados e á aceptación que tiveron pola veciñanza en xeral, adamais de incorporar novas iniciativas.

  • O Concello mostra o seu interese por organizar unha segunda edición do programa Deseñando o Teu Futuro

    A Xunta de Goberno Local acordou solicitar a participación do Concello da Laracha no programa de apoio e formación á mocidade Deseñando o teu futuro, impulsado desde a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Trátase dunha iniciativa dirixida a rapaces de entre 14 e 18 anos de idade que consiste na realización de estadías non remuneradas en empresas de diferentes sectores locais escollidos polos propios participantes.

  • O PROGRAMA MUNICIPAL PARA FESTEXAR AS LETRAS GALEGAS E O SAN ISIDRO INCLÚE PROPOSTAS CULTURAIS E SOCIAIS

    O Concello da Laracha presenta o programa municipal co que se festexan conxuntamente o Día das Letras Galegas e tamén o San Isidro Labrador, a data na que se rende homenaxe aos moitos veciños que dedicaron parte da súa vida á agricultura e á gandería, sectores de destacada importancia histórica e tamén actual na Laracha. Como en anteriores edicións neste ano a proposta centrarase en actividades ludorecreativas para os nenos, espectáculo folclórico, eventos sociais e tamén en resaltar a figura do autor Carlos Casares.

  • ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CAMPO DE TRABALLO INTERNACIONAL DA LARACHA

    Despois das excelentes experiencias dos últimos veráns, o Concello da Laracha volverá organizar, por cuarto ano consecutivo, un campo de traballo internacional, iniciativa que se levará a cabo na primeira quincena do mes de agosto coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dependente da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

  • ENTREGADOS OS DIPLOMAS DOS CURSOS FORMATIVOS ORGANIZADOS POLO CONCELLO E A CÁMARA DE COMERCIO

    José Manuel López Varela, alcalde do Concello da Laracha, Rocío López, edil responsable da área de Promoción Económica, e María Fernández en representación da empresa Cendá Gestión Creativa, encargada de impartir as accións formativas, fixeron hoxe entrega dos diplomas aos alumnos que participaron nos cursos para mozos de ata trinta anos de idade que se impartiron no Concello da Laracha baixo a organización da Cámara de Comercio da Coruña. O acto desenvolveuse nas instalacións da Casa da Cultura da Laracha.