O CIM DA LARACHA MÓSTRASE COMO REFERENTE NACIONAL NA LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO ANTE ENTIDADES DE HUNGRÍA, ITALIA, REINO UNIDO E BULGARIA
A Casa da Cultura da Laracha acolleu o encontro entre o alcalde, José Manuel López Varela, e a directora do Centro de Información ás Mulleres da Laracha, Ana Aldao, cos trinta e dous participantes no seminario transnacional xuvenil ReAct to Protect: against domestic violence (Reacciona contra a violencia de xénero), do que forman parte municipios e entidades de España (Asociación Xuvenil Joy), Hungría (Tar Község Önkormányzata), Italia (Associazione Antares de Sicilia), Reino Unido (New International Company of Live Arts) e Bulgaria (Ladies’ Club Pavlikeni).