En marcha as obras de mellora da estrada entre O Cruceiro e Escurido, na parroquia de Lendo
O alcalde, José Manuel López Varela, e os concelleiros Pablo Cambón e José Ramón Martínez Barbeito, supervisaron hoxe os traballos que se están a executar. O tramo obxecto da actuación alcanza os 600 metros de distancia e o orzamento ascende a 39.000 euros.

