O proxecto de renovación do céspede do campo Municipal da Laracha, na última fase de execución
Os tepes xa están instalados e as intervencións concluirán nos próximos días coa renovación da reixa de recollida de augas pluviais nunha das bandas laterais. A actuación supón un investimento de 215.000 euros.

