Comezan a executarse as obras de ampliación e mellora da calzada de Vista Alegre á AC-523
As obras son financiadas integramente pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia e están valoradas en máis de 92.000 euros.
As obras son financiadas integramente pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia e están valoradas en máis de 92.000 euros.
Trátase dun tramo de 317 metros de lonxitude da estrada municipal que comunica Paiosaco con Vista Alegre na que o goberno local está apostando por realizar sucesivas melloras -en varias fases- ao presentar un considerable aumento no volume de tráfico nos últimos anos por ser unha vía que ofrece un cómodo acceso cara a terceira rolda da Coruña e ao aeroporto de Alvedro a través da AC-523.
A Xunta de Galicia investiu máis de 132.000 euros na completa renovación e humanización das rúas Coruña, Pontevedra e Suíza, así como o punto de confluencia de Epifanio Campo Núñez con Eusebio Bértoa Queijo e Luís Martínez Vázquez. A actuación desenvolveuse de xeito paralelo ao proxecto de similares características -neste caso promovido polo Concello e valorado noutros 168.000 euros- que afectou a todo o trazado da rúa Epifanio Campo Núñez.
A parcela albergará a ampliación do centro médico e punto de atención continuada da Laracha, actuación que financiará integramente a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
As actuais luminarias serán cambiadas por outras LED de última xeración e de alta eficiencia enerxética.
Segundo o convenio entre o Concello da Laracha e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, será o Servizo Galego de Saúde (Sergas) quen financiará integramente a ampliación do centro médico e PAC.
Durante as últimas semanas leváronse a cabo os procedementos de contratación de ambos plans, que suporán un investimento total de 60.000 euros, contándose co apoio da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial da Coruña para o seu cofinanciamento.
O ámbito de actuación superará os dous mil metros cadrados, contemplándose a completa renovación do pavimento coa colocación dun novo de pedra en toda a superficie da praza e tamén na súa primeira travesía que a comunica directamente coa praza de A Ribeira. O proxecto completarase coa mellora da sinalización e da iluminación pública en todo o ámbito.
A estrada sobre a que se está a actuar presenta unha lonxitude duns 250 metros e unha anchura de 7 metros ao longo do seu percorrido. Toda a súa superficie será dotada cun novo pavimento, o que require previamente do acondicionamento da explanación e o seu afirmado.
O Concello deseñara estas actuacións cos propósitos esenciais de humanizar, mellorar a accesibilidade e reordenar o tráfico de vehículos en todo o ámbito, que conforma unha das áreas máis poboadas do municipio, alberga o centro médico e punto de atención continuada e é unha zona comercial de referencia na Laracha.
Os traballos deseñados afectarán aos cascos urbanos da Laracha, Paiosaco e Caión, así como a vías rurais das parroquias de Cabovilaño, Soandres e Montemaior.
O Concello da Laracha iniciou a execución do proxecto de renovación da cuberta do pavillón polideportivo municipal de Xermaña, na parroquia de Caión. A actuación está valorada en preto de 70.000 euros.