Adxudicados os proxectos de mellora da seguridade viaria nos tramos urbanos da AC-552
Afectan ás Avenidas Fisterra da Laracha e Bergantiños de Paiosaco. Ambas actuacións foron adxudicas a SYR-AMG e están valoradas en total en 160.000 euros.
Afectan ás Avenidas Fisterra da Laracha e Bergantiños de Paiosaco. Ambas actuacións foron adxudicas a SYR-AMG e están valoradas en total en 160.000 euros.
Inclúe a colocación dun revestimento no teito para mellorar as condicións térmicas e sonoras, a renovación da iluminación, o repintado de toda a estancia e a mellora tanto do vestíbulo da entrada como do canón das escaleiras. A continuación será equipada co correspondente mobiliario.
Esta actuación volve a evidenciar a aposta decidida do executivo local pola humanización das rúas no casco urbano da capital municipal, xa que dá continuidade a outros proxectos recentemente executados que permitiron renovar por completo tanto a propia rúa Epifanio Campo Núñez como todo o seu entorno, priorizando o tránsito peonil nesta zona que é unha das áreas residenciais máis importantes do municipio.
O proxecto está valorado en 44.000 euros, dos cales o Concello da Laracha asume con fondos propios municipais o corenta por cento. A parte restante será achegada pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia ao abeiro da convocatoria de subvencións para a creación ou mellora de infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais.
O obxectivo deste proxecto é xerar nesta estrada, vertebradora das comunicacións en ambas vilas, itinerarios peonís máis seguros para todos os viandantes -en especial para as persoas con diversidade funcional e as que requiren necesidades especiais- debido á supresión de barreiras arquitectónicas, polo que o proxecto tamén presenta un carácter social.
Este proxecto está valorado en 120.000 euros e é cofinanciado entre o Concello da Laracha e a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia ao abeiro do programa de habilitación e mellora das infraestruturas dos parques empresariais públicos galegos.
Ademais, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia realizou durante o verán actuacións no interior do centro co obxectivo de facilitar a actividade diaria. Acometeuse unha reparación na cuberta e na planta baixa foron remodelados os aseos e unha das aulas.
Este proxecto está valorado en 120.000 euros e é cofinanciado polo Concello da Laracha e a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia ao abeiro do programa de habilitación e mellora das infraestruturas dos parques empresariais públicos galegos.
O proxecto supuxo un investimento próximo aos 40.000 euros, cofinanciados polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Costa da Morte con fondos das axudas do Plan Leader, á súa vez cofinanciadas co Feader no marco do programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2010 (PDR).
Esta actuación, que comezará a ser executada nos próximos días, afecta a trece estradas rurais nas que será mellorada a superficie de rodadura para facilitar a circulación dos vehículos e reforzar a seguridade viaria.
Paralelamente estase traballando tamén no acceso exterior desde a rúa A Porta Santa, mellorando tanto a beirarrúa da marxe esquerda como o arcén da estrada na marxe dereita, facilitando deste xeito o tránsito a pé e rodado e, por tanto, reforzando a seguridade viaria.
A inauguración oficial do novo céspede será na primeira fin de semana de setembro, coa disputa do encontro entre a U.D. Paiosaco e o Alondras, o primeiro partido como local na historia da entidade verdibranca na Terceira División.