O proxecto de creación da área de recreo canino comezará a executarse nos próximos días
Será habilitada na parcela de titularidade municipal situada na confluencia das avenidas Manuel Fraga e Bos Aires. O Concello investirá 35.000 na construción deste novo equipamento pensando para facilitar o exercicio e as interaccións sociais dos cans.

