O Concello reforza a seguridade na confluencia da Avenida Fisterra coa rúa Silverio Moreda
Estase a crear un carril de agarda para xirar á esquerda e trasladándose o paso de peóns. A intervención é complementaria ao recente establecemento do sentido único da circulación nesa rúa do núcleo urbano da Laracha.

