O Concello aposta pola arte urbana para embelecer a vila de Caión
Faranse catro murais en puntos estratéxicos, o primeiro deles na grúa do porto. O proxecto inclúe a creación dunha ruta selfie no paseo marítimo e a instalación de letras corpóreas que visibilicen a identidade de Caión.

