Izada a bandeira Sendeiro Azul 2024 no Sendeiro de Saldoiro de Caión
É o recoñecemento de ADEAC a ese espazo como valioso recurso para a interpretación ambiental, o desfrute da natureza e a realización de actividades deportivas e de ocio ao aire libre. O itinerario que recibe o galardón é o tramo entre a praza Eduardo Vila Fano e o arroio Figueirido.