O Concello realiza a poda das árbores do Campo da Feira de Paiosaco
Unha vez estean completados os traballos en Paiosaco, estes mesmos labores realizaranse en varios puntos da capital municipal como as prazas do Concello e Maximino Canedo. Paralelamente tamén se están acometendo os oportunos labores de mantemento no resto de prazas públicas dos núcleos urbanos e das parroquias, así como unha completa actuación na área recreativa de Gabenlle.

