350 rapaces de 28 equipos participarán na 8ª edición do torneo de baloncesto “José Antonio Vega”
Celebrarase o sábado 29 de decembro nos tres pavillóns polideportivos da vila da Laracha.
Celebrarase o sábado 29 de decembro nos tres pavillóns polideportivos da vila da Laracha.
José Manuel López Varela cualificou esta campaña como “a mellora temporada nos 57 anos de historia do club, que é o decano dos existentes no municipio”, o que é “un orgullo para o Concello da Laracha”.
Será do 1 ao 14 de agosto. Vai dirixido a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos. Os obxectivos son o perfeccionamento da técnica individual, a psicomotricidade e o tiro a canastra dos participantes.
Hoxe comezou a décima edición do campus de fútbol, que se desenvolverá en horario de mañá (10:00 a 13:00 horas) ata o sábado nas instalacións do Campo Municipal da Laracha (5 a 10 anos de idade) e do Campo Municipal A Porta Santa de Paiosaco (11 a 16 anos).
O Laracha C.F. (directiva, corpo técnico e xogadores) foi recibido no Concello por unha ampla representación do goberno local encabezada polo alcalde, José Manuel López Varela.
O alcalde recibiu no Concello á U.D. Paiosaco despois de alzarse coa Copa da Coruña, a terceira na historia da entidade.
Por sétimo ano consecutivo o Concello da Laracha organiza a Masterclass de aeróbicos, unha das citas deportivas de referencia na programación municipal durante a primavera, que se celebrará o próximo sábado, día 6 de maio entre as 17:30 e as 19:30 horas no pavillón do IES Agra de Leborís.
Caión será este sábado a referencia do patinaxe artístico en Galicia coa celebración, no pavillón polideportivo de Xermaña, do campionato federativo “Xunta 2017” de todas as categorías desta modalidade deportiva.
O alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, e Eliseo Velo en representación do Club Baloncesto Laracha, asinaron hoxe o convenio de colaboración a través do que o club asumirá a xestión das Escolas Deportivas Municipais de Baloncesto durante o actual ano 2017. Ambas entidades tamén manterán unha estreita cooperación na planificación, organización e realización das actuacións necesarias para o fomento desta disciplina deportiva nas categorías de base.
A vixésimo primeira edición do Rallye A Coruña disputarase durante a tarde deste sábado, contándose con oitenta participantes inscritos. Trátase dunha competición de referencia autonómica ao ser puntuable para o Campionato Galego de Rallyes.