O acordo entre o Concello e o Grupo HL Energía posibilitará a implantación de tres puntos de recarga de vehículos eléctricos
Instalaranse en puntos estratéxicos do casco urbano da Laracha (praza Olonne sur Mer, xunto ao IES Agra de Leborís), o campo da feira de Paiosaco (a carón da Avenida Bergantiños) e o polígono industrial (fronte o viveiro de empresas).