O programa municipal de Nadal xa está en marcha co festival de teatro infantil
Asistirán en horario lectivo preto de 800 alumnos dos colexios do municipio. Ao remate de cada función Papá Noel fai acto de presenza na Casa da Cultura.
Asistirán en horario lectivo preto de 800 alumnos dos colexios do municipio. Ao remate de cada función Papá Noel fai acto de presenza na Casa da Cultura.
Dirixido á inclusión social e cultural das persoas inmigrantes. Actualmente son 15 as persoas asistentes, naturais de Marrocos, Paquistán, Ucraína, Colombia e Portugal.
Os dez alumnos da especialidade de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes comezaron a executar os labores previstos sobre o terreo. A parte teórica estase a desenvolver integramente no municipio de Arteixo.
As contas foron sometidas hoxe a ditame da Comisión Informativa e serán elevadas ao Pleno extraordinario do vindeiro xoves. 1,6 millóns de euros destinaranse á mellora das infraestruturas e unha das novidades será o desenvolvemento dun programa de bonos para reactivar o comercio local.
Composta por acuarelas mariñas do ceense Xosé Iglesias. A inauguración será mañá venres ás 19:00 horas no centro sociocomunitario.
Naquelas nas que se require inscrición previa, o prazo abrirá este luns. A Cabalgata dos Reis Magos será un percorrido de dous días por todas as parroquias que concluirá cunha festa infantil o 5 de xaneiro.
A actuación é cofinanciada por Agader no marco do Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas. O orzamento supera os 94.000 euros.
O investimento sitúase en torno aos 250.000 euros. A instalación será ampliada e mellorada para ofrecer novos servizos á cidadanía e facilitar o labor dos operarios para a recepción, clasificación e control dos residuos.
A iniciativa é impulsada pola Fundación Juana de Vega en colaboración coa Asociación de Viveristas do Noroeste e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería. Foron concedidas á Laracha dúas Flores de Honra polo traballo desenvolvido na xestión medioambiental.
A Taberna de San Cristovo e Cafetería Suiza, os mellor valorados polos xurados popular e profesional, premiados con 1.000 euros. 58 clientes que emitiron o seu voto válido recibiron os agasallos doados polos patrocinadores do evento.
Prestarase no marco do Programa Harmoniza: Conciliando na Laracha. O Concello tamén pon en marcha un novo servizo de Canguros para atender necesidades puntuais de conciliación nos domicilios.
O alcalde, en nome da Corporación, leu a declaración institucional rubricada polos tres grupos municipais. Na sesión foron aprobadas dúas mocións en contra da suba das peaxes nas autoestradas nacionais e en apoio aos incentivos para a contratación de persoas con discapacidade.