A Secretaria Xeral de Igualdade copresidiu a reunión da mesa de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero nos sectores de sanidade e o ensino
Contouse con representación do Concello, do centro de saúde da Laracha, dos centros de ensino do termo municipal e da Garda Civil. Reforzáronse os mecanismos de coordinación entre todos os sectores profesionais implicados e abordouse a programación municipal en torno ao 8 de marzo.

