O Concello desenvolverá unha campaña informativa para potenciar o reciclado de aceites domésticos
Os novos colectores laranxas xa están dispoñibles nos tres núcleos urbanos e na urbanización Monte Claro. En próximas datas repartiranse embudos para facilitar o depósito en botellas de plástico para o seu posterior tratamento.