A 13ª edición da “Primavera Teatral” volverá achegar as artes escénicas a Paiosaco durante o mes de abril
Apaga o candil, A pousada da pantasma coxa e O auto do Castromil son as pezas que forman o cartel. Serán os venres 12, 19 e 26 a partir das 21:00 horas no Centro Sociocultural.

